“A AULA DO PASADO” - (MUSEO VERBUM)

Descripción: 

O Verbum-Casa das Palabras (avenida de Samil, 17) acolle a exposición "A aula do pasado", con motivo da conmemoración do 25 Aniversario da Federación Olívica de Pais e Nais de alumnos/as de Vigo e Comarca (FOANPAS), que conta coa colaboración do Concello de Vigo, da Deputación de Pontevedra e do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).

A mostra recrea unha aula do pasado con todos os elementos da época: pupitres, lousas, pizarríns, plumillas, mapas, tinteiros, ábacos, libros...

FOANPAS organizará visitas didácticas en horario de mañán (do 2 ao 30 de novembro, ámbolos dous incluídos), dirixidas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria (previa solicitude por parte do centro educativo interesado), dinamizadas por mestres e mestras de dilatada experiencia.

A exposición estará aberta ao público do 2 ao 30 de novembro de 2017 no horario de normal funcionamento do museo.

Data: 
Xov (02/11/2017) a Xov (30/11/2017)
Horarios: 
Martes a venres: de 17:00 h a 20:00 h - Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h - Luns pechado (incluídos festivos)
Lugar: 
Sala de exposicións do Verbum (avd. de Samil 17, 362012 Vigo)
Organizador: 
FOANPAS e Concellería de Educación, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto