“ÁNXEL HUETE. UNHA REVISIÓN CRÍTICA” - (MUSEO MARCO)

Descripción: 

Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de esculturas ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1975), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).

A exposición, comisariada por Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO, enténdese como unha oportunidade para estudar e reinterpretar o noso pasado máis recente a través da traxectoria de Ánxel Huete, revisión que vén acompañada dun catálogo de próxima publicación —coeditado por Anxo Rabuñal e Agar Ledo, deseñado por Xosé Salgado e Lía Santana, e con achegas de Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa ou Isaac Pérez Vicente— que sirve de espello ao contexto social e cultural das últimas décadas.

Data: 
Ven (28/04/2017) a Dom (17/09/2017)
Horarios: 
APERTURA (28-04-17): 20:00 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: martes a sábados (festivos incluídos) de 11:00 h a 14:30 h e de 17:00 h a 21:00 h - Domingos de 11:00 h a 14:30 h - Pechado os luns
Lugar: 
MARCO. Museo de Arte Contemporánea. Planta baixa (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)
Organizador: 
Fundación MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon NP_ANXEL HUETE_gal.pdf265.24 KB