Noticias

Comeza o festival Vigo Transforma. Actívanse as primeiras instalacións de Vasos Comunicantes

23 de xuño-

O 23 de xuño comeza a segunda edición do festival Vigo Transforma, que conta co apoio de Xacobeo e da Xunta de Galicia dentro da programación do “Ano da Música de Galicia 2011”.

A partir do xoves 23 se activan as primeiras instalacións de Vasos Comunicantes, unha
iniciativa que permañecerá activa ata o día da finalización do festival o 2 de xulio. En concreto poderase disfrutar das instalacións “Sonosferas”, da man do antropólogo e artista sonoro Chiu Longina ubicada na Marquesina de El Corte Inglés de Gran Vía entre as 18:00 e as 21:00 horas.

Tamén estará activo o “Amplificador de Secretos” de Xulio Lago y Roberto Brañas, na plaza Julio Verne (Zona Montero Ríos).

Por último, todo o que queira poderá asistir ás proyeccións da cortometraxe documental “Muro Público”, de Pablo Outón na Estación Marítima e o documental “Óscar” de Sergio Morkin.

Os Obradoiros de Reciclaxe, ubicados no Novo Tinglado do Porto de Vigo, comezarán o venres.

Comeza o sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

17 de xuño-

O venres 17 de xuño comeza unha nova edición de Imaxina Sons co concerto do contrabaixista e cantante Avishai Cohen (Xerusalén, 1970) no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 22.30h. Cohen está a presentar en escenarios de todo o mundo o seu novo traballo discográfico “Seven seas”. No mes de abril comezou xira europea colgando o cartel de non hai entradas na sala Olympia de París e como un efecto dominó, as butacas enchéronse en todos os seus concertos continentais.
A xornada inaugural deste sétimo Imaxina Sons, o primeiro que coordina o compositor Nani García e promovido polo departamento de Cultura do Concello de Vigo, comeza coa participación de músicos da Escola A Tempo de Pontevedra en Imaxina na Rúa e rematará no club Xancarajazz co concerto de Gabriel Peso Trío.

Inauguración da exposición “Lois Pereiro. Lírica Punk”

O museo Verbum–Casa das Palabras comprácese en
convidalo á inauguración da exposición temporal “Lois Pereiro. Lírica Punk” que terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 20 horas no museo.
 
Asistirán o concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Xesus López Carreira, o director do centro, Rosendo Gonzalo Covelo Roma e as comisarias da mostra, Beatriz García e Sonia Díaz.
 
O museo faise partícipe do acto “Vento Lois” que se desenvolve en toda Galicia ese mesmo día ás 20 horas coa lectura do manifesto “Vento Lois” e distintos poemas do autor a cargo do crítico literario Ramón Nicolás e do escritor Marcos Calveiro.

Peche temporal da Biblioteca Central de Vigo

2 de maio.-
A Biblioteca Pública Central de Vigo (rúa Joaquín Yáñez) pechará ao público do 6 ao 9 de maio (venres a luns), incluídos, por realización de labores de mantemento e de desinsectación rutinarias. O servizo reiniciarase no seu horario habitual o martes 10 de maio.

Inauguración da exposición “Work No. 247 Half the air in a given space”

O artista británico MARTIN CREED (Wakefield, Reino Unido, 1968) presenta un proxecto que se enmarca no formato de novas
producións realizadas especificamente para o MARCO, e que supón a súa primeira exposición individual en España. Recoñecido como un dos artistas máis interesantes da súa xeración, e gañador do Turner Prize en 2001, combina a súa faceta de artista co seu grupo de música, formado en 1994.

O venres 6 de maio, ás 21.00, durante a xornada inaugural, terá lugar a actuación de "Martin Creed and his band" no salón de actos.

Inauguración da exposición “Galicia nas ondas” no Verbum

27 de abril de 2011-
O vindeiro mércores 4 de maio ás 20 horas terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras a inauguración da mostra “Galicia nas ondas”.
 A mostra amosa equipos antigos e modernos, transmisores, aparatos
de radio, micrófonos… fondos documentais, guións e fotografías que ilustran a historia do medio: os inicios, a censura franquista, a apertura de finais dos ´70, a transición e o futuro da radio na era dixital.

Presentado o libro "Laxeiro, os escritos de Don Ramiro"

19 de abril de 2011-
O pasado día 18 de abril ás 19.30 h. Tivo lugar a presentación do libro “Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro” que contou coa participación de Xosé Manuel Figeroa, Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Eudosio Álvarez, concelleiro de Patrimonio, en representación do Presidente da Fundación Laxeiro, Xesús López Carreira, Marcela Santorum, colaboradora do Faro da Culrtura, Carlos García
Suárez, Director Xeral da Fundación Laxeiro e Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro e editor do libro.

Iniciou a presentación Eudosio Álvarez, quen contou unha anédcota persoal con Laxeiro e felicitou á Fundación por esta iniciativa. Seguiu Marcela Santorum que fixo unha intervención falando dos aspectos do libro que conectaban á perfección co momento cultural actual; Javier Pérez Buján resaltou o labor de investigación levado a cabo durante seis meses de traballo, no que descubriu un Laxeiro moito máis complexo que o personaxe público máis coñecido e recoñeceu o labor do equipo investigador, formado por Paula García Suárez e Anxos Sumai. Pechou o acto José Manuel Figueroa, quen se enorgulleceu de ter patrocinado desde a Deputación de Pontevedra o proxecto e se brindou a colaborar coa Fundación Laxeiro en proxectos vindeiros.

Inauguración da exposición “Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística”

27 de
abril de 2011-
O vindeiro venres 29 de abril ás 20 horas terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras a inauguración da mostra “Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística”.
“Vigo, cidade Babel” é máis que unha mostra, é a posta en marcha dun novo proxecto co que dar un renovado pulo ao Verbum, chamado a se converter nun espazo de interacción coas linguas. O Verbum da diversidade lingüística será unha institución responsable coa época que nos toca vivir, unha época na que centos e centos de linguas están a morrer e na que o horizonte do idioma galego tamén se ve comprometido.

13 de abril de 2011-
A exposición do fotógrafo Virxilio Viéitez, que se mostra no MARCO desde o pasado 22 de outubro, afronta a súa última semana, xa que se clausura o domingo 24 de abril.

Será, pois, a última oportunidade de percorrer unha mostra que tivo unha excelente acollida por parte do público, con cifras que superaron os 45.000 visitantes dende a súa inauguración a finais de outubro. Ao longo destes meses, diversas actividades paralelas —como a programación para escolares, a festa aniversario de novembro (con actividades específicas en torno a esta exposición), os obradoiros infantís de fin de semana, e as visitas guiadas— contribuíron á proximidade e difusión dun proxecto que supuxo un gran esforzo de produción, e que obtivo unha notable repercusión en medios.

Presentación do libro “Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro”

13 de abril de 2011-
O vindeiro luns, 18 de abril terá lugar na Casa Galega da Cultura a presentación do libro “Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro”, organizada pola Fundación Laxeiro.

A publicación supón un auténtico descubrimento da faceta literaria de Laxeiro. Un traballo que recolle un total de 116 textos, dos que 83 son inéditos e 33 foron recompilados de diferentes publicacións.

O traballo forma parte do proxecto de investigación que constou da exposición titulada Laxeiro, escritos, pensamentos, recordos e relatos, programada na Fundación Laxeiro do 5 de
novembro de 2010 ao 30 de xaneiro de 2011 e agora remata coa presentación do libro.

O proxecto está financiado pola Deputación de Pontevedra e no acto de presentación participarán Eudosio Álvarez, Concelleiro de Patrimonio, José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Marcela Santorum, colaboradora do Faro da Cultura, Carlos García – Suárez Otero, director xeral da Fundación Laxeiro e neto do artista, e Javier Pérez Buján, editor da publicación e director artístico da Fundación Laxeiro.

Páxinas

Subscribe to Noticias