Noticias

Prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza

"19 setembro-

A Escola Municipal de Danza, dependente da Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, ten aberto ata o 30 de setembro o prazo de inscrición para as clases de danza e percusión tradicionais.
O lugar de presentación de solicitudes será nas dependencias da Escola, sitas no soto 1º da Casa do Concello (Praza do Rei,1), en horarios de luns a venres, de 9 a 13 horas, e os xoves, de 17 a 19 horas.

O importe da matrícula, por curso completo, son os seguintes:

Alumnado de danza de 4 a 7 anos: 20 € (1,30 horas semanais)
Alumnado restante de danza:
26 € (2 horas semanais)
Alumnado de percusión tradicional: 14 € (1 hora semanal)

Os requisitos para inscribirse na EMD e Percusión Tradicional son:

Estar empadroados en Vigo (só o novo alumnado)
Ter praza dispoñible e pagar as taxas indicadas.

Os horarios lectivos serán entre as 11 e as 22 horas, de luns a venres; a distribución horaria definitiva realizaraa a dirección da Escola en función do número definitivo de grupos.

"

Inauguración da exposición “No mes escribas, tampoco verte” de pepebeas<br/>


29 setembro-



O vindeiro 30 de setembro o alcalde de Vigo e presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero, inaugurará ás 12:30 horas a exposición “No me escribas, tampoco verte”, dentro do Programa “Entre mares”, do artista pepebeas. Unha mostra que se inscribe dentro do proxecto titulado “Entre mares”, en virtude do que a Fundación Laxeiro, en colaboración con Collblanc espai d´art de Castellón, inician un intercambio de artistas que,
ademais da exposición de Pepe Beas na Fundación Laxeiro, propiciou que este ano se poidera ver a obra de Mar Vicente (gañadora das Bolsas Fundación Laxeiro á creación artística en 2006) en Collblanc espai d´art, nunha exposición indiviual que tivo unha magnífica acollida.

A exposición estará nas instalacións da Fundación Laxeiro (R/ Policarpo Sanz, 15-3º) desde o 30 de setembro ata o 5 de febreiro do ano 2012 en horario de luns a venres de 18:00 a 21:30, os sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30. Os domingos e festivos estará aberto ao público 11:00 a 14:00.

O acto de inaugruación terá lugar na Fundación Laxeiro (R/ Policarpo Sanz, 15-3º) ás 20:00 horas.

Últimos días da exposición “Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro”

15 setembro-

O domingo 18 de setembro clausúrase a exposición titulada “Cartografía do presente, Colección de Arte Contemporánea Fundación Laxeiro” que se inaugurou o pasado 10 de xuño.

A exposición, visitada por máis de 3.785 persoas, mostra por primeira vez a colección de arte contemporánea da Fundación Laxeiro, construída nos 11 anos de actividade da institución, mediante aportación de obras de artistas que dun xeito ou doutro, colaboraron coa Fundación Laxeiro nalgún proxecto expositivo.

A mostra está formada por obras dos artistas Guillermo Aymerich, Antón Cabaleiro, Tom Carr, Jorge Castillo, Carmen Chacón, César Galicia, Ángel Garraza, Amaya González Reyes, Elena Mendizábal, Álvaro Negro, Mónica Ortúzar, Eduardo Outeiro, Paco Pestana, Diego Santomé, Belén Uriel, Miguel Vázquez e Mar Vicente.

>Todas elas son produto da liña programática da Fundación Laxeiro, seguindo os desexos do propio Laxeiro quen apuntara a súa preocupación por que a Fundación Laxeiro, ademais de traballar sobre o seu legado, tivera unha liña de apoio e difusión da arte contemporánea, con especial atención aos creadores galegos emerxentes.

O conxunto da mostra, na que conviven obras de diferentes formatos, estilos e xéneros, conforma unha paisaxe que se ocupa de diferentes problemáticas da arte do noso tempo e conxuga pintura, fotografía, video, collage e escultura e supón unha especie de reválida na que a Fundación Laxeiro resume os seus criterios de programación nestes once anos de actividade, ademais de dar unha visibilidade nova a iniciativas como as “Bolsas á creación artística” ou á súa liña de colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, mediante un acordo de colaboración coa Univesidade de Vigo.

Horario da sala de lectura da Biblioteca Central de Vigo.

20 de maio-

A Biblioteca Central de Vigo amplía o horario da sala de lectura que se suma ao horario habitual. Dende o 23 de maio e ata o 9 de xuño o horario de luns a venres será de 20:30 a 22:00 horas, os sábados de 17:00 a 22:00 e os domingos de 10 a 14 horas.

Do 10 ao 30 de xuño o horario da sala de lectura é ata as 20:30 de luns a venres, mentras que os sábados é de 10:00 a 14:00. Os domingos permanecerá pechada.

Nos meses de xullo e agosto a sala de lectura estará aberta de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas.

En setembro, ata o día 15, permanecerá aberta de luns a venres de 20:30 a 22:00 horas, os sábados de 17:00 a 22:00, e o domingo de 10:00 a 14:00 horas.

Reapertura da Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

8 de setembro-

A Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, sita na Avda. Martínez Garrido 21, retoma desde o venres 9 de setembro a súa actividade no horario normal de funcionamento:
>polas mañáns, de martes a sábado de 11 a 14 horas
polas tardes, de luns a venres de 17 a 20:30 horas
Ate o 15 de setembro, a apertura de tarde comezará ás 18 horas.

O peche no mes de agosto debeuse ao subministro e instalación do mobiliario definitivo (adxudicado pola Xunta de Galicia).

Acto de presentación da exposición “Arqueoloxía do detalle”.

O Concello de Vigo participa na exposición “Arqueoloxía do detalle” coa que colabora na súa difusión. A presentación terá lugar o próximo mércores 20 de xullo ás 20,00 h. A exposición está producida pola Fundaçao Bienal de Cerveiros que na súa 16º expón na cidade de Vigo. Estas
exposicións poderanse ver na planta baixa da casa das Artes dende o 16 de xullo ata o 17 de setembro.

O MARCO comeza a programación de obradoiros de verán para nenos

5 de xullo-

Desde o 5 de xullo e ata o 29 do mesmo mes, o MARCO organiza os obradoiros infantís de verán “Un mundo pararelo” co obxectivo de achegar aos máis pequenos as obras dos artistas presentes no Museo. A través de percorridos por salas e de divertidas sesións no “Laboratorio das Artes”, os participantes traballan as súas habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación da arte contemporánea.

O programa deste verán toma como punto de partida os tres proxectos que actualmente ocupan as salas do MARCO: a instalación de MARTIN CREED na planta baixa e nunha das galerías do 1º andar, a mostra de RUBÉN GRILO no primeiro andar, e o proxecto HOTEL MARCO no Espazo Anexo.

Comeza a programación de concertos do Vigo Transforma

30 de xuño-

O Festival Vigo Transforma 2011, que promove a Concellería de Cultura, inicia hoxe a programación de actuacións musicais cos concertos de “Moby”, dos galegos “Eladio y los Seres Queridos” e os vigueses “The Blows”. Toda a xornada musical se desenvolverá no Escenario Xacobeo Galicia, instalado no Porto de Vigo, que abrirá as súas portas a partir das 20:00 horas.

Ademais da oferta musical, hoxe tamén se poderá disfrutar dunha nova xornada de Vasos Comunicantes, unha iniciativa que pretende encher espazos significativos da cidade de Vigo con diferentes traballos de arte, ciencia e tecnoloxía. Todos os interesados poderán asistir ás instalacións Sonosferas, Waves, Contenedores, Giles Walker, Amplificador de Secretos e Comecocos Bahía, ou participar nos talleres Orquesta Explotaria e Led Throwies: Graffiti Research Lab.

O Festival Vigo
Transforma, que se está a desenvolver dende o pasado 23 de xuño e que continuará ata o vindeiro 2 de xullo, é un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun entorno urbano.

O proxecto “Notas de lectura”, de Anja Isabel Schneider é o gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine para Novos Comisarios

O proxecto “Notas de lectura”, de Anja Isabel Schneider, foi elixido como proposta gañadora da 4ª edición do premio para novos comisarios (2011), convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d‘art contemporain de Lorraine) de Metz,
Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes.

O xurado -composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine, e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO- tomou a súa decisión tras ter analizado un total de 117 propostas, avaliadas en función da súa calidade, a súa viabilidade, e a súa adecuación ás características das salas do MARCO e do FRAC Lorraine como espazos expositivos.

O proxecto “Notas de lectura” de Anja Isabel Schneider, que reúne traballos de 14 artistas, toma como punto de partida unha obra do escritor uruguaio Felisberto Hernández (1902-1964), para explorar a noción de lectura e as súas diferentes modalidades, experiencias e estruturas. As obras exhibidas fan uso da relación e interacción entre texto e lector, así como da condición, o acto e o proceso da lectura, a través dos cales se constrúe o significado.

A exposición terá lugar entre xaneiro e abril de 2012 no FRAC Lorraine, e de xuño a setembro de 2012 no MARCO de
Vigo.

O Museo do Mar de Galicia inaugura a exposición “Cartas de punto maior: a costa galega no Arquivo Pacheco”

24 de xuño-

O presidente da Fundación do Museo do Mar de Galicia, conselleiro de Cultura e Turismo, Alberto Varela Fariña, e a concelleira de Cultura de Vigo
e responsable do Arquivo Pacheco, Isaura Abelairas Rodríguez, inauguran o 24 de xuño ás 21:00 horas a exposición “Cartas de punto maior: a costa galega no Arquivo Pacheco”. A mostra permanecerá ata o 9 de outubro na sala de exposicións temporais do museo.

Páxinas

Subscribe to Noticias