Noticias

Programación de Nadal Vigo-2011

21 de Decembro.-

O Alcalde Abel Caballero presenta a Programación de Nadal 2011 na cidade de Vigo.

Organizada
pola Concellería de Cultura e Festas, dará comezo o día 22 de Decembro e finalizará o día 5 de Xaneiro de 2012 coa tradicional Cabalgata de Reis.

O Programa componse de múltiples actividades: maquillaxe de Nadal, globoflexia para os máis cativos, teatro para o público familiar, animacións na rúa, talleres, concertos musicais, etc.

As actividades do Nadal abarcan non só o centro da cidade olívica senón que se extenden por todos os barrios e parroquias de Vigo.

Recomendacións xerais e peches de tráfico co gallo da Cabalgata de Reis 2012

29 de Decembro.-

O Xoves, 5 de Xaneiro, co gallo da Cabalgata de Reis 2012 adoptaranse unha serie de medidas en materia de seguridade e tráfico.

Ás 17.30h. terá lugar o acto da recepción das autoridades ás SSMM os Reis Magos na Porta do Sol. A Saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18.30h. e percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), Policarpo Sanz e Porta do Sol.

O remate está previsto na Porta do Sol. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Alfonso XII, rúa Romil e rúa Cachamuiña.

No documento adxunto “Programa Cabalgata 2012” pódese consultar a seguinte información:

-Percorrido e horarios
-Desviacións de tráfico
-Peches de tráfico
-Recomendacións xerais
-
Localización de postos de emergencia
-Zonas reservadas

Peche da Biblioteca Central e Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas o 24 e 31.

14 de decembro.-
A Biblioteca Central e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas permanecerán pechadas os días 24 e 31 de decembro seguindo coas súas normas de funcionamento.

Reapertura da Pinacoteca Municipal 'Francisco Fernández del Riego'

30 de novembro.- A Pinacoteca Municipal 'Francisco Fernández del Riego' reabrirá hoxe as súas portas a partir das 12.00 do mediodía. O novo horario do museo será de martes a domingo, festivos incluidos, de 11.00 a 13.
30 horas e de 17.30 a 20.00 horas. Os luns, como é habitual, permanecerá pechado.
Con motivo das festas navideñas, o vindeiro 25 de decembro, o museo permanecerá pechado e abrirá só pola mañá os sábados 24 e 31 de decembro.

Concerto Coro Concento Vigo

Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.

Programa Nadal 2011

I

O magnum mysterium (1572)/ T.L. Victoria (1545-1611)

Exsultate
iusti/ Ludovico da Viadana (1564-1645)

Canto no berce/ Julio Domínguez (1965)

Prende, salgueiriño, prende/ Emilio Lede (1974)

There was an old man in a tree/ Matyas Seiber (1905-1960)

Laudate/ Knut Nystedt (1915)

Cantante Dómino (1997) / Vytautas Miskinis (1954)

(Descanso 10 min.)

II

Le message des anges (anónimo s.XIII) /Arm.: F.A. Gevaert

Only you (1960) /Vicent Clarke. Harm.: Deke Sharon e Anne Raugh

Yesterday/ J. Lennon, (1940-1980) e P. McCartney (1492). Arr.: J. Domínguez.

Geographical fugue/ Ernst Toch (1887-1964)

Las cuatro palomas/ Ignacio Piñeiro (1889-1969). Arr.: Electo Silva

Camiña e Virxen pura/ Popular. Harm.: Nemesio García Carril (1943)

O Meniño está no berce/ Popular. Harm.: Nemesio García Carril (1943)

Os anxeliños da gloria/ Popular. Harm.: Nemesio García Carril (1943)

Stille nacht (1818) / F. Gruber (1787-1863)

White christmas/ Irving
Berlin (1888-1989). Arr.: Marum S. Alexander

(Duración total 90 min.)


Coralistas de Concento Vigo

Sopranos: Cecilia Cueto Álvarez/ Cruz Vázquez Núñez/Helena García Argibay/ Mónica Rodríguez Ces/ Paula González Gómez/ Margarota Martínez Fernández/ Ánxeles Babarro Fernández/ Laura Vázquez Sueiro/ Marta González Fernández

Contraltos: Beatríz Freijido Vázquez/ Carmen Cividanes González/ Fabiola Vicente Velasco/ Leonor Giménez Fernández/ Adoración Sánchez Mata/ Arabella Sánchez Mata.

Tenores: Xosé Manuel Martínez Ojea/ Jorge Fernández Vázquez/ Lino Tomás Borroto Vargas/ Frank Alejandro Hernández Carballo/ Ismael Arias Melón/ Antonio Mandianes Lama.

Baixos: Juan Alonso Fernández/ Pablo Pérez Varela/ Sergio Hernández Vázquez/ Gonzalo Castro Quián/ Jose Angel Rey Piñeiro/ Bruno Díaz González

BASES DE PARTICIPACIÓN DO CONCURSO<br/>“VENTE COS REIS MAGOS 2011-12”<br/>(aprobadas na Xunta de goberno do 2 de decembro de 2011)<br/>

9 de decembro.-

1. O obxecto deste concurso é seleccionar a corenta nenos o nenas para acompañar os Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar na nosa cidade o día 5 de xaneiro de 2012. Os
nenos/as serán repartidos en grupos de dez nas tres carrozas reais e unha do Paxe Real.
2. Neste concurso poderán participar todos os nenos e nenas da cidade que o desexen; a única limitación por motivos de seguridade será a idade: só poderán participar aqueles
nacidos entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2003, ambos inclusive. Así mesmo, as nenas e nenos seleccionados en edicións anteriores non poderán tomar
parte neste concurso.
3. Para participar só será necesario cubrir o boletín de inscrición que poderán recoller na oficina de Información da lonxa da Casa do Concello. Só se aceptará un boletín por
neno/a, sendo eliminados do concurso aqueles que presenten máis dun.
4. As inscricións depositaranse nas caixas de correos do Carteiro real que se instalarán na Lonxa da Casa do Concello e nos Centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns. O prazo de inscrición comezará o día 15 de decembro e finalizará ás 20:00 horas do día 20 de decembro de 2011.
5. O sorteo
realizarase o día 22 de decembro de 2011, ás 12:00 horas, na Casa do Concello.
6. No sorteo, ademais dos nenos e nenas seleccionados/as, sacaranse un total de doce suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.
7. Os pais, nais ou titores dos nenos e nenas agraciados no sorteo deberán, trala comunicación da Concellaría de Festas, asinar a pertinente autorización e acreditar, mediante a presentación do libro de familia, non só a idade senón, a paternidade ou maternidade, ou titoría, no seu caso. De ser o caso, poderán asinar a renuncia.
8. O Concello de Vigo ofreceralles ós nenos e nenas seleccionados un disfrace, que entregarán unha vez finalizada a cabalgata.
9. O Concello de Vigo disporá dunha póliza que cubra a responsabilidade civil polos danos que os nenos ou nenas puidesen sufrir ou provocar con ocasión desta acción.
10. A concelleira de Festas queda facultada para resolver as posibles eventualidades que poidan xurdir no desenvolvemento deste concurso e que non estean
previstas
nestas bases.

Actuación Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Actuación Orquestra sinfónica do conservatorio superior de música de vigo

20 de decembro, ás 20h. No Auditorio Municipal do Concello

Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.

Conciertos Músicas do Sul

29 de novembro.- Esta semana comezan os concertos de Música do Sul que abrirán este xoves 2 de novembro coa actuación de XARDÍN DESORDENADO, que presentará o seu primeiro traballo a partir das 21.00 horas no Auditorio Municipal.

A música retomarase o vindeiro mércores 7 de decembro, tamén no Auditorio Municipal, coa actuación de Isga Collective que presentará o seu novo disco ETHERIA a partir das 21 horas.

Xoves 2 de decembro, 21.00 horas
Xardín Desordenado
Entrada gratuita ata completar aforamento
Auditorio Municipal, Praza do Rei 1

Mércores 7 de decembro, 21.00 horas
Isga Collective
Entrada gratuita ata completar aforamento
Auditorio Municipal, Praza do Rei 1


Máis información: www.sulproducciones.com

"Degoiro. Sarah Kane"

16 de novembro.-
Arela das Artes, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presentan "Degoiro. Sarah Kane", unha obra de dramaturxia experimental na que presenciamos un mosaico de voces fragmentadas, dous hombres e dúas mulleres, que vagan por un mundo inhabitable na búsqueda dun amor pleno que nunca chega.

Degoiro é un gran espello, ese no que nunca queremos mirarnos porque nos devolve unha imaxe cruel e real das nosas vidas. Degoiro constitúe un brillante exercicio de dramaturxia experimental, onde o coidado da forma, a linguaxe e o ritmo acadan un dominio tan elevado que se converte en música, nunha verdadeira orquestración da palabra. Un mosaico de voces fragmentadas, dous homes e dúas mulleres, vagan por un mundo
inabitábel na procura dun amor pleno que nunca chega. É a derrota que se manifesta tras o cansazo e a loita, unha caída final, arrepiante e emocionante, que non esquece a poesía para falar da dor, da desesperación e da morte.

Sarah Kane sitúanos ante o absurdo da vida, o baleiro do ser contemporáneo e a súa incapacidade para establecer relacións honestas que perduren no tempo, que constrúan cada día no medio da destrución. E ante este absurdo desolador o único asomo de supervivencia aparece no amor, aparentemente inalcanzábel.

FICHA ARTÍSTICA.

Compañía: Arela das Artes
Espectáculo: Degoiro
Autora: Sarah Kane
Duración: 60 min
Dirección: Diana Mera
Asist. de voz e dirección: Nuria M. Gullón
Música orixinal: Paulo González
Elenco: Vicente de Souza, María Salgueiro, Xosé M. Esperante, Diana Mera
Interpretación musical: Xurxo Fernández
Iluminación: Paulina Funes
Escenografía e vestiario: Arela das Artes
Deseño gráfico: Laura Estévez
>Tradución: Manuel F. Vieites


"Degoiro. Sarah Kane"
Domingo 4 de decembro
Horario: de 19:00:00 a 20:00:00
AUDITORIO MUNICIPAL. Pza. do Rei, 1. Tlf: 986 810 100
Entrada: 7 euros
Venda de entradas: www.laboleteria.es


Semana de Teatro Afeccionado de Vigo 2011

16 de novembro.-
A derradeira semana de novembro comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo
2011, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.

CENTRO CULTURAL DE BEADE

Sábado, 26 de novembro 19.00 horas
AQUÍ NON PAGA NINGUÉN – Porta Aberta

Domingo, 27 de novembro 18.00 horas
LONGA VIDA A MARTIÑO DE GÜIMIL – Teatro Escoitade

Sábado, 3 de decembro 19.00 horas
O AMOR DE DON PERLIMPLIN CON BELISA NO XARDÍN- Teatro Atlántida de Matamá


CENTRO CULTURAL DE CABRAL, BECERREIRA

Sábado, 26 de novembro 19.00 horas
PERDENDO O SENTIDO- Lareira Teatro

Páxinas

Subscribe to Noticias