Noticias

Cine Clube Lumiére Febreiro 2012

30 de xaneiro.-

O cine Clube Lumiére presenta a programación de cine de Febreiro de 2012

- 6 Febreiro - CEA MAI FERICITA FATA DIN LUME de RADU JUDE
(A moza máis feliz do mundo)
Romanía / Finlandia; 99 minutos V.O.S.C.

- 13 Febreiro - MERCADO DE FUTUROS DE MERCEDES ÁLVAREZ
(Mercado de futuros)
ESPAÑA 2011; 110 minutos V.O.

- 20 Febreiro - LAS ACACIAS DE PABLO GIORGELLI
(As Acacias)
Arxentina/España 2011; 85 minutos V.O.

- 27 de Febreiro - FILME SORPRESA

LUGAR: Auditorio do Concello de Vigo: Praza do Rei
HORA: 20:30 horas
COLABORA: Concellería de Cultura e Festas.

Últimos días para visitar a exposición "No me escribas, tampoco verte."

O vindeiro domingo, 5 de febreiro clausúrase a exposición titulada No me escribas, tampoco verte do artista arxentino afincado en Castellón pepebeas.

Esta exposición enmárcase dentro do proxecto titulado Entre mares que están levando a cabo a Fundación Laxeiro en Vigo e Collblanc, espai d’art en Castellón, co obxecto de favorecer a mobilidade de artistas plásticos que traballan nos ámtibos atlántico e mediterráneo. Nesta primeira edición, o proxecto contou cunha exposición individual da que fora Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística 2006, Mar Vicente (Valadouro, Lugo, 1979) titulada Azul y verde sobre rojo en Collblanc nos meses de xullo e agosto de 2011 e completouse coa exposición No me escribas, tampoco verte de pepebeas na Fundación Laxeiro.

pepebeas (Córdoba, Argentina, 1955), elixiu un proxecto multidisciplinar para o seu debut en Galicia, como é a exposición que se pode ver ata o día 5 de febreiro na Fundación Laxeiro. Unha proposta que combina a fotografía e a videoescultura para falarnos de problemas como o desarraigo e a distancia dos seres queridos que padece o colectivo emigrante en todo o mundo.

Fillo de emigrantes valencianos en Arxentina, este artista viviu en propia carne esa sensación de desarraigo, de non pertenecer a un lugar concreto, primeiro, durante a súa infancia como fillo de emigrantes españois en Arxentina e logo, na súa adolescencia, como fillo de emigrantes retornados, en España. 

Esta situación queda plasmada na exposición cuxo título fala da necesidade do contacto físico cos seres queridos e da falla de eficacia da correspondencia postal ou as canles telemáticas para sustituir ese contacto físico real. 

De natureza fatalista, pepebeas fala na súa obra da imposibilidade de salirnos de certos fitos comúns a todo ser humano que funcionan como un destino inevitable que el define como realidade serial, seguindo o pensamento do filósofo francés Henri Bergson (1849-1941). Unha serialidade que unifica a biografía de calquera ser humano.

Precursor nos anos oitenta do videoarte en España, pepebeas preocúpase pola utilización da lenguaxe audiovisual máis alá das convencións narrativas do video, o cinema e a televisión, investigando no campo da videoescultura e a videoinstalación nos que a imaxe en movemento adquire outras connotacións, máis cercanas á pintura, a escultura e a instalación, afastándose dos parámetros do cinema convencional no que a narratividade define a súa razón de ser. 

Con preto de 4.000 visitas, No me escribas, tampoco verte, é a primeira exposición de pepebeas en Galicia e con ela, segundo as súas propias palabras, puido experimentar a súa condición de emigrante nunha comunidade (a gelega) na que o fenómeno da emigración ten sido durante todo o século XX unha circunstancia que marcou a historia e o carácter da nosa comunidade autónoma. 

O procecto Entre mares terá a súa segunda edición en 2012 cunha exposición do artista galego Din Matamoro (Vigo, 1958) en Collblanc e a exposición titulada Días futuros do artista cántabro afincado en Castellón Eduardo Alonso (Santander, 1972).

LUGAR: FUNDACIÓN LAXEIRO ; POLICARPO SANZ Nº 15, 3º.

Programación Vigocultura de Artes Escénicas Feb-Maio’12

A Área de Cultura e Festas do Concello de Vigo presenta a nova programación de Artes escénicas do primeiro semestre do ano: Febreiro-Maio 2012.

Dentro da variedade de espectáculos ofrecidos atopamos estas interesantes actuacións:

- Fóra de sitio (teatro): 3 Febreiro ás 21h.
- Las hadas y la bella durmiente (Teatro monicreques): 5 Febreiro ás 18h.
- Alén da croa (danza):10 Febreiro ás 21h.
- La Cenicienta (danza): 12 Febreiro ás18h.
- Lulavai (música): 12 de Febreiro ás 21h.
- Grillos y luciérnagas (teatro): 17 de Febreiro18 h.
- O fútbol é así (teatro) :24 Febreiro ás 21h.
- Carta urgente para Máximo Toxo (teatro): 26 Febreiro ás 18h.
- La barraca del zurdo (musical): 26 Febreiro ás 21h.
- Nana para un soldado (teatro):18 marzo ás 18h.
- Miki Nervio and the Bluesmakers (música): 23 Marzo ás 21h.
- Té, chocolate, café (musical):25 Marzo ás 18h.
- Blondy’s cofee peza soa para dúas mulleres (danza):13 Abril ás 21h.
- O Gato manchado e a Andoriña Siñá (teatro): 15 Abril ás 18h.
- Oiseau Rebelle (teatro): 20 Abril ás 21h.
- Kafka e a boneta viaxeira (teatro): 22 Abril ás 18h.
- AID (música): 27 Abril ás 21h.
- Nubes (danza): 29 Abril ás 18h.
- Tres no bambán (teatro):4 Maio ás 21h.
- Pío (monicreques): 6 Maio ás 18h.
- Todos los nombres (danza): 11 Maio ás 21h.
- Baleadas (danza): 13 Maio ás 18h.
- Sé galego, my friend (teatro): 19 Maio ás 21h.
- Maxia potaxia (maxia): 20 Maio ás 18h.
- Fran Pérez NARF (música): 25 Maio ás 21h.
- La isla desconocida (teatro): 27 Maio ás 18h.

Entradas mediante a páxina web www.laboleteria.es no que a venda anticipada de entradas e bonos activarase o Mércores ás 8h. 

O lugar onde se realizarán as actividades é o Auditorio Municipal do Concello.

“Amour, humour et poésie”

ESPECTÁCULO DE CONTOS E CANCIÓNS “Amour, humour et poésie” da Compagnie de l’Herbe d’or.
DATA: 8-02-12
HORA: 20:30h.
LUGAR: Auditorio do Concello de Vigo
Organiza a Alianza Francesa de Vigo e colabora a Concellería de Cultura e Festas.

Benvidos á conferencia que lles revelará todo o que sempre quixeron saber sobre o amor, o encontro, a vida en parella, a separación e o soño…
Presentada por unha conferenciante desmelenada e un músico disposto a todo, esta improbable charla é, sobre todo, un percorrido inesperado a través da canción francesa, tan rica, como sabe todo o mundo, en historias de amor.

Últimos días da exposición YOU ARE NOT ALONE e Acto de clausura o 20 de Xaneiro de 2012.

O departamento de Comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lémbralles que esta é a derradeira semana para visitar a exposición YOU ARE NOT ALONE, que se clausura este domingo 22 de Xaneiro

Por iniciativa do Programa de Autoayuda VIH-SIDA e Adicións IMÁN da Unidade Asistencial de Drogodependencia do Concello de Vigo, este Venres, 20 de Janeiro terá lugar unha actividade sociocomunitaria con motivo da próxima clausura da exposición YOU ARE NOT ALONE.

Data: 20 Xaneiro 2012
Hora: 12:00 h.
Lugar: fachada pricipal do MARCO, Museo de Arte Contemporánea. Rúa Príncipe nº 54.

O Grupo IMÁN pretende recoñecer así ante o conxunto da cidadanía o valor desta iniciativa, coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, a Fundación ArtAids e a Fundació Joan Miró, que supón unha forma verdaderamente innovadora de sensibilizar á opinión pública sobre o VIH-SIDA a través da arte. 

No transcurso deste acto, o Gupo IMÁN confeccionará nas escaleiras do MARCO un grande lazo vermello mediante a técnica do trencadís.

O devandito acto inscríbese na liña de actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, organizadas dende o MARCO en colaboración con distintas entidades, asociacións e ONG.

Ampliación de horarios na Biblioteca Central

Con motivo dos exames universitarios, o horario da sala de lectura na Biblioteca Central ampliará os seus horarios no periodo do 9 ao 20 de Xaneiro:

*Luns a venres: de 09:00h. ata as 22:00h. 
*Sábados: de 17:00 a 22 horas. 
*Domingos: de 10:00h. a 14:00h.

Ciclo de cine de Girish Kasaravalli

Girish Kasaravalli é un guionista e realizador nado en Kesalur, estado de Karnataka, India, en 1950. É considerado un dos máis sobresaíntes diretores do cinema indiano contemporáneo deste país. 
O Cine Clube Lumiere ofrece un ciclo de Kasaravalli cos seus últimos traballos no Auditorio do Concello de Vigo: Praza do Rei ás 20:30 horas.
Colaboran: A Concellería de Cultura e Festas e a Federación de Galicia de Cineclubs.

-9 Xaneiro -> Dweepa (Dweepa). India 2001; 132 minutos V.O.S.C.
-16 Xaneiro -> Asean (Asean) India 2004; 132 minutos V.O.S.C.
-23 Xaneiro -> Gulabi Talkies (ulabi Talkies) India 2008; 122 minutos V.O.S.C.
-30 Xaneiro -> Kanasembo Kudureyander (Riding the stallion of dreams) India 2010; 110 minutos V.O.S.C.

FILMOGRAFÍA DE GIRISH KASARAVALLI
Comezou a súa carreira cinematográfica no ano de 1975, cando se graduou en direción no Instituto de Cinema e Televisión da India, en Pune. Como estudante, produciu o filme Avasesh, premiado como mellor filme estudantil. 
O seu primeiro filme como diretor independente foi Ghatashraddha, en 1977, que gañou un bo número de premios internacionais. O segundo Premio Golden Lotus chegoulle por Tabarana Kathe, en 1987. Considerada unha das mellores películas indianas, trata dos esforzos inúteis dun empregado do goberno xubilado por gañar a súa pensión. En 1997, presentou Thaayi Saheba coa que gañou o seu terceiro Golden Lotus. Este filme considérase o traballo máis maduro do director; nel ocúpase da transición entre a pre-independencia e post-independencia na sociedade indiana. Repetiu o seu éxito con Dweepa, no 2002. Con esta película, diferente ás anteriores, gañou o seu cuarto Goleen Lotus. A seguinte obra Naayi Neralu trata do extraño concepto da reencarnación. Baseado na novela do mesmo nome de S.L. Bhyrappa, na que lle dá unha interpretación diferente do obxecto.
Os seus filmes xa participaran de importantes festivais internacionais e a súa retrospectiva foi realizada polo festival de Rotterdam no ano 2003, entre outros. 
No 2011 recibiu do goberno da India o Padma Sri, o máis importante premio e títulos de recoñecemento pola súa contribuición á arte e cinema do país.

Novos horarios no Museo Marco + Obradoiros infantís

28 de Decembro.-

A partir do Martes 3 de Xaneiro, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público:
-De Martes a Sábado (festivos incluídos):
Aberto de 11.00h. a 14.30h. e de 17.00h. a 21.00h.
-Domingos:
Aberto de 11.00h. a 14.30h.
-Luns
Pechado
*O cambio de horarios afecta á apertura da Biblioteca-Centro que contará cun horario de tarde de 17.00h. a 21.00h. (en lugar de 16.00 a 20.00).

A partir do 14 de Xaneiro, reanúdanse os OBRADOIROS INFANTÍS de fin de semana.
-
DESTINATARIOS: Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas
-LUGAR: Laboratorio das Artes (1º andar)
-HORARIO: Sábados e Domingos de 12.00 a 14.00
-PREZO
· 3 € por neno/a
· Adultos acompañantes: entrada gratuíta
· Amigos do MARCO: entrada gratuíta (máximo 2 nenos por adulto)
* Posibilidade de grupos concertados mediante cita previa e como é habitual, durante as dúas horas que dura o obradoiro os adultos poden quedar no Laboratorio das Artes ou deixar aos nenos ao coidado dos educadores.

Reconquista 2012. Concurso de carteis

"15 de decembro.-

Bases do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de
Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas que o desexen, podendo presentar cada unha delas unha única obra que deberá ser inédita.

Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de 33x47cm, e presentaranse protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. Ao mesmo tempo entregarase copia en soporte informático ( jpg, bmp, png). A técnica para utilizar será libre, dentro dos límites usuais que permita unha normal reprodución fotomecánica.

No caso de remitirse facturados, a AVC Casco Vello non responderá de posibles danos nin extravíos, como tampouco da súa devolución.

A AVC Casco Vello non responderá dos posibles danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontado, no caso de
realizarse algunha exposición destes. Por este motivo recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón, cartón pluma ou similar, evitando o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.

Os orixinais deberán incluír necesariamente os seguintes textos:
•Logotipo da AVC Casco Vello.
•Logotipo da Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.
A AVC Casco Vello corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo que puidesen xurdir. Tamén se reservará a facultade de modificar ou substituír o logotipo que apareza no orixinal, así como de variar a súa localización na composición definitiva do cartel que se edite.

Os carteis presentaranse no local da AVC Casco Vello, rúa Oliva nº 12 baixo, de luns a venres, en horario de 18:00h a 20:00h. O prazo de presentación será do 10 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012. Non serán admitidos os carteis que se reciban con posterioridade á data e hora
indicadas, calquera que sexa a causa do retraso. A resolución do xurado publicarase o 17 de xaneiro de 2012.

Estas bases comunicaranse a través dos medios de comunicación e estarán a disposición das e dos interesadas/os no propio local da asociación, así como, na súa páxina web: www.avcascovello.com.

Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se cambiará no seu día polo traballo presentado. Os traballos que se reciban facturados serán devoltos, se así o solicitan, unha vez verificado o concurso, con cargo a/o autor/a.

Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende a data de adxudicación do concurso, sen que as e os autores dos traballos premiados os recollesen, entenderase que renuncian a estes, e a asociación poderá dispor libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.

Os carteis serán presentados sen sinatura do autor/a e baixo o lema que estará escrito no dorso do cartel, acompañados
dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema. No interior do sobre depositaranse unha nota escrita a máquina co nome e apelidos da persoa autora, enderezo, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente.

Establécese un premio de 800 € ao cartel gañador, e dous accésit de 350 €. Estes premios poderán ser declarados desertos polo xurado do concurso. De estimar que ningún dos traballos presentados resulte adecuado para ser ó cartel anunciador da festa da Reconquista da Vila de Vigo 2011, a AVC Casco Vello resolverá polos seus propios medios a edición do mencionado cartel.

A obra gañadora quedará en propiedade da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente en calquera modalidade, tamaño ou soporte así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderá realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación aos
soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

A AVC Casco Vello reservarase o dereito de organizar exposicións públicas con todos ou parte dos carteis presentados ao concurso, en local, datas e horas que se determinarán. Neste suposto, os carteis deberán ser retirados polos propios autores ou persoas que os representen, no prazo de 30 días naturais seguintes ao da clausura da exposición nas instalación da propia asociación.

A selección das obras que se inclúan na exposición será realizada polo xurado do concurso.
•Presidenta: concelleira-delegada da Área de Cultura e Festas.
•Secretario: presidente da AVC Casco Vello.
•Vocais: membro da Comisión de Cultura da AVC Casco Vello.

Dúas persoas relacionadas co mundo das artes, da imaxe, da comunicación…

A presidenta queda facultada para resolver, no caso de empate, así como para as eventualidades que poidan xurdir.

A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

A
decisión do xurado é inapelable.
"

Galtük, o soño continúa

5 decembro.- Hoxe presentouse en rolda de prensa as datas e horarios do show circense “Galtük”, que estará situado na praia de Samil.

A Concellería de Cultura e Festas colabora con este
espectáculo que xa leva máis de 10 anos actuando polo mundo.

As datas das actuacións van dende o día 16 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro e as funcións son ás 17:00, 19:30 e 20:00 horas dependendo do día.

A venda de entradas será por Servinova e en taquilla dúas horas antes de cada show.
Prezos: dende de 8 euros ata 32 euros na zona VIP.

Páxinas

Subscribe to Noticias