Este sábado 5 de maio, ás 20,30h, proxectarase no auditorio municipal do Concello o documental "M.L. Estefanía. Galicia máis Oeste que nunca", dirixido por José Ballesta de Diego. Mediante testemuños e material de arquivo abórdase a figura de D. Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da editorial Cíes, a primeira galega de posguerra.
Entre os participantes destaca FEDERICO LAFUENTE, fillo de Marcial, quen estará presente na proxección, e que segue escribindo as noveliñas do pai, con fondos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Con el entrevístase a escritores como FERNANDO SAVATER, X.L.MÉNDEZ FERRÍN, FRANCISCO G. LEDESMA, EDUARDO MENDICUTTI ou DOMINGO VILLAR; especialistas como CARLOS ABRAHAM, FERNANDO EGUIDAZU e PEDRO PUIALTO; ou a popular autora de novela rosa CORÍN TELLADO, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.
Finalmente, a xeito de noveliña, o documental inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos-western. Estreado no Festival de Cans, en maio de 2010, esta curtametraxe espertou o interese dos medios de comunicación e colleitou grande éxito de público e crítica; resultando seleccionada para competición, entre máis de 700 producións de todo o mundo, no Festival Internacional de Cine de Ourense na súa derradeira edición.
O acceso á proxección realizarase mediante invitación a retirar nas taquillas do auditorio dende as 18,30h.
A Concellería de Cultura e Festas organiza, en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo (CMUS), a Semana de Música de Cámara, que terá lugar entre o 7 e o 11 de maio. Os concertos correrán a cargo de alumnado do CMUS, ás 19,00 horas, no auditorio municipal do Concello (8 e 9) e no auditorio "Martín Codax" do CMUS (7 e 11), con entrada libre até completar aforamento.
O venres día 4 de maio, ás 20,00 horas, terá lugar na Casa das Artes a inauguración da exposición "Artesolidaria.es", organizada pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra" (AVEMPO), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas, en apoio ás persoas enfermas de esclerose múltiple.
Na exposción participarán un centenar de artistas e todos os beneficios serán a prol de AVEMPO.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, entidade referente na cidade en temas culturais, e especialmente no folclore, celebra o Día Internacional da Danza, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, realizando un total de 15 actuacións de danza tradicional galega en 5 lugares da cidade.
Ás 12:00 horas, e simultaneamente, os grupos de folclore da Agrupación realizarán unha actuación na que o público asistente poderá gozar das pezas típicas da danza galega: muiñeiras, xotas, ribeiranas...
A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, colabora coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na 1ª edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia.
O festival desenvolverase entre o 30 de maio e o 2 de xuño e poderán participar todas as galegas e galegos cineastas e creadores audiovisuais que envíen as súas obras ao noso apartado de correos, e por suposto sexan seleccionadas para a competencia. Tamén optarán a concurso as obras de estranxeiros feitas na nosa terra. Para isto, deberán cubrir as bases e enviar a ficha de inscrición e requirimentos antes do 25 de abril deste ano ao noso apartado de correos.
As proxeccións terán lugar no auditorio municipal do concello (longametraxes en competencia) e no salón de actos do MARCO (curtametraxes en competencia)
Máis info: http://festivalprimaveradocine.com/
A Concellería de Cultura e Festas asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa “Vente con Nos” do presente ano.
Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.
As actuacións con cargo a este convenio irán destinados ó público en xeral, con acceso libre e gratuíto, ata completar o aforo do lugar onde se celebren. As actuacións distribuiranse atendendo aos criterios de dispoñibilidade da agrupación artística, a orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello e a maior diversificación nos ámbitos territoriais e artísticos. Con carácter xeral quedan excluídas do convenio aquelas actuacións vinculadas á programación de actos de carácter non laico, festas e romarías patronais, así como aquelas actuacións programadas dentro do mesmo ámbito territorial parroquial asociado a agrupación artística e entidade que a acolle.
A tal fin, infórmase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13.00 horas do día 27 de abril do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información situada na lonxa do Concello e nas web municipal (www.vigo.org) e www.vigocultura.org.
Entre as actividades conmemorativas do seu 75 aniversario, o Museo Municipal “Quiñones de León” presenta a súa nova exposición no Pazo de Castrelos "COLECCIÓNS HISTÓRICAS NO MUSEO DE CASTRELOS". A colección municipal de arte, asignada ao museo “Quiñones de León”, está formada por máis de 1.500 obras, divididas en tres seccións: arte europea antiga, na que cosideramos mestres europeos principalmente dos séculos XVII, XVIII e XIX; a colección e artes decorativas, formada por un heteroxéneo e amplo conxunto de mobiliario, cerámica, reloxos e que ambienta as estancias do pazo; e finalmente a colección de arte galega contemporánea, exposta na actualidade na Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”
O museo presenta nesta exposición unha excelente selección da súa colección de arte europea antiga; obras que na súa maioría formaron o primeiro “Quiñones de León” e que proveñen do Legado Policarpo Sanz e do Depósito do Museo Nacional do Prado.
A Concellería de Cultura e Festas colabora na estrea na cidade de Vigo da película Vilamor, cuarto filme de Ignacio Vilar despois da exitosa Pradolongo, que terá lugar os días 12 e 13 de abril; estará presente nos Cines Gran Vía dende o xoves 12, e nos Cines Plaza Elíptica e Multicines Norte dende o 13. Máis info en "www.vilamor.eu" e no dossier que podes descargarte.
O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Todos os anos, desde 1965 o Internacional Board on Books for Young People (IBBY), no que están integrados máis de 70 países , entre eles España, promove a celebración deste día para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Crhistian Andersen e fomentar a lectura entre nenos e nenas.
A Biblioteca Pública Central de Vigo súmase ós actos da celebración inaugurando a exposición dunha serie de Centros de Interés que serán renovados cada dous meses e serán adicados a contos clásicos infantís , comenzamos con motivo do día do libro infantil e xuvenil co primeiro adicado Peter Pan e titulado “Peter Pan viaxa ó país dos libros”, conto máxico que sigue cautivando a nenos e adultos de todo o mundo. Propostas de lectura e xogos nos que a través da creatividade pretende satisfacer os gustos e estimular o entusiasmo dos que a visiten.
Así mesmo a Biblioteca súmase á proposta da OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil) e GALIX (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para o desenvolvemento dunha actividade de “BOOKCROSSING” (práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo, coa idea de liberar libros e que sean encontrados por diferentes persoas). Explicarase en qué consiste a actividade, qué obxetivos ten e cómo se realiza. Logo prepararanse os libros que van ser liberados . A maior parte dos libros serán liberados por nenos e nenas, aproveitando a actividade de visitas escolares, pero tamén por adultos e poderán liberalos onde queiran. As persoas que atopen o libro deberán inscribilo na páxina web de bookccrossing para coñecer o diario de viaxe de cada libro.
Lerase tamén ese día o manifesto de Francisco Hinojosa, elixido para a conmemoración de este ano e titulado “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro”. Será lido á mesma hora por todos os países que se suman á conmemoración.
1º CONGRESO INTERNACIONAL DE DANZA “DANCE IN VIGO”
A Asociación de Danza- ADEIXA , con sede en Vila Nova de Cerveira-Portugal, entidade que tamén creou e organiza o maior festival de danza de Portugal (DANCERVEIRA), organiza en Vigo o 1º Congreso Internacional de Danza “DANCE IN VIGO”, que conta co apoio do Concello de Vigo.
Este evento celebrarase os días 30 e 31 de marzo no auditorio Mar de Vigo, coa participación de máis de 500 bailaríns e 16 Escolas de Danza de Portugal e España:
ADEIXA Dance School, Academía de Dança Rosalía Ferreira, Asociación de Danza de Gondomar, Bodhiplace, Candeán e San Xoan, Conservatorio e Escola de Música e Danza Montserrat Caballé, DSD-David San Dancers, Escola Flash Dance, Escola de Danza de Inés Nuñez, Escola de Danza Miriam Piñeiro, Factory Dance Academia de Danza, Lampadinha-Academía de Dança, Margarita Outeiral, Media Punta, New-Era Dance & Fitness e Suso Pérez Lago.
Durante estos dous días, os bailaríns realizarán talleres de Danza nos estilos de:
Hip-Hop, impartido por Jandro Martinez (finalista do Programa Televisivo Fama a Bailar e actualmente profesor e bailarín en Londres) e Carlos Neto (Coreógrafo en Pinapple Dance Estudos, coreográfo do artista George Sampson, coreógrafo do artista ruso Sergey Lazarev, coreógrafo do Britain's Got Talent Bailarín para a tourne mundial BLAZE THE STREET DANCE SHOW, bailarín do cast principal do weste show SOME LIKE IT HIP HOP).
Jazz, impartido por Clara Muñoz (profesora e coreografa en Madrid, traballou como bailarina e asistente de coreografía en numerosos programas televisivos como Risas e Estrelas, Noite de Festa ... en producións de Teatro Musical como My Fair Lady, Memory, Queen.... e en diversos eventos tales como Publicidade, Galas ....tendo a oportunidade de traballar con coreógrafos de gran talla nacional e internacional)
O venres día 30 haberá unha actuación pública na rúa do Príncipe ao redor das 20:00 h.
O sábado día 31 celebrarase a competición, que repartirá máis de 2.000 € en premios e que se destina a grupos con máis de 6 elementos divididos por niveis e estilos de Danza, Hip-Hop, Jazz, Contemporáneo, Neoclásico e Fusión. Ademáis do 1º e 2º clasificado de cada estilo, haberá 7 premios máis: Mellor Escola, Mellor Grupo, Mellor Bailarín (Baby, Kids, Teens e Major) e Mellor Coreógrafo.
Serán tamén distribuídos Premios de Mérito: Escola máis Sociable; Escola ou grupo Revelación; Escola máis Versátil; Coreografía máis Creativa; Coreografía participación do público máis emotiva e máis alegre; Mellor Vestiario; Vestiario máis orixinal e Escola con maior número de participantes.
O xurado DANCE IN VIGO está composto por nomes de basto curriculum no mundo da Danza e representantes de España e Portugal: Juan Moredo, Clara Muñoz e Carlos Neto
A 1ª semifinal terá lugar ás 10:00 h, a 2ª semifinal ás 14:00 h e a Final, que contará coa presentación especial do bailarín vigués Jandro Martinez, ás 19:00 h.
Os billetes poderán adquirirse o propio día do evento no despacho de billetes do Auditorio MAR DE VIGO; o prezo dos mesmos é de 8 € para as semifinais e 10 € para a Final.