Noticias

A Fundación Laxeiro inaugura o venres 29 de xuño a exposición Días futuros

Este venres día 29 de xuño, ás 20,00 horas, terá lugar na Fundación Laxeiro (Casa das Artes, Policarpo Sanz, 15) a inauguración da exposición Días futuros, do artista Eduardo Alonso, II edición. Proxecto Entremares. A exposición estará aberta ao público ata o 30 de setembro.

Por primeira vez en Galicia, o artista cántabro afincado en Valladolid, mostra o eu traballo en forma de exposición individual, dentro do programa Entre mares que posibilita o intercambio entre artistas atlánticos e mediterráneos, en virtude dun acordo de colaboración levado a cabo entre a Fundación Laxeiro de Vigo e Collblanc, Espai d’art de Castelló.

A Biblioteca Municipal "Neira Vilas" presenta a súa programación xullo-setembro

A Biblioteca Municipal "Neira Vilas" presenta a súa programación para o período xullo-setembro, que inclúe actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, como "Os sabadiños do Roque", os talleres "Achégate a..." adicados á pintura, á astronomía e á internet, e a mostra blibliográfica "viaxes".

Programa de actos do ORGULLO VIGO 2012

A Concellería de Cultura e Festas maila asociación Nós Mesmas organizan o programa de actos do ORGULLO VIGO 2012 que terá lugar mañán venres 22 de xuño na Casa Galega da Cultura e na praza da Constitución a partires das 19,30 horas, con conferencia e actuacións en directo.

CAMBIO DE UBICACIÓN DO CONCERTO INAUGURAL DE "LUISA SOBRAL" DO IMAXINA SONS´12

O concerto inaugural de Imaxina Sons con Luisa Sobral transládase ao Auditorio Municipal do Concello.

Entrada libre con aforo limitado previa retirada de convite na billeteira a partir das 21h.

A persistente choiva do mércores 20 e durante a madrugada do xoves 21 conduciron ao concello de Vigo a mudar o escenario inaugural do 8º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ao non poder cumprir co plan de montaxes previstas. O concerto de Luisa Sobral trasládase ao Auditorio Municipal do Concello no mesmo horario (xoves 21, 22h) para así poder garantir a realización do espectáculo. Estaba previsto que a estrea de Imaxina Sons tivese lugar na terraza do Auditorio Mar de Vigo, nunha contorna ao aire libre, aínda que finalmente o factor metereolóxico dificultou a montaxe e a viabilidade do concerto, que supón a presentación en Galicia da cantante portuguesa. O concello de Vigo, organizador do festival, contempla nesta edición o cambio ao escenario cuberto do Auditorio Municipal, ante unha posible cancelación por condicións climatolóxicas adversas, daqueles concertos previstos en espazos abertos.

O concerto de apertura do 8º Imaxina Sons o xoves 21 de xuño no Auditorio Municipal do Concello, a cargo de Luisa Sobral, mantén o mesmo horario (22h) con entrada libre, pero co aforo máis limitado e con retirada previa de invitación. Desde as 21h, unha hora antes do comezo do espectáculo, a billeteira do Auditorio Municipal estará aberta para retirar os convites, sendo seis o número máximo por persoa.

O concello de Vigo prégalles disculpen as molestias orixinadas polo cambio e anímaos a gozar da oitava edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, cuxo programa se desenvolve desde hoxe xoves 21 até o vindeiro sábado 30 de xuño.

Inauguración da exposición "No país das vacas" de Xurxo Lobato

Mañán xoves, día 21 de xuño, ás 13,00 horas, inaugurarase na praza de Compostela a exposición do artista Xurxo Lobato titulada "No país das vacas", que ten por obxecto pór en valor o seu papel como referente de desenvolvemento no mundo rural; a mostra ten un carácter divulgativo sobre o mundo da vaca en Galicia e pretende ser un tributo visual, explicar como vive, de que vive e quen vive dela, e poñer en valor o sector gandeiro galego.

A exposición, patrocinada por Larsa , conta con 132 imaxes distribuídas en 6 cubos e unha silueta dunha vaca. Foxen do bucolismo para adoptar un carácter divulgativo que sitúa á vaca como referente do desenvolvemento rural. A mostra pretende contribuír con estas imaxes a que a cidadanía tome conciencia da riqueza económica e social que a vaca xera en Galicia.

A mostra inaugurouse no museo do Pobo Galego en Santiago; continuou en Ourense, Vilagarcía de Arousa, Semana Verde de Galicia en Silleda; agora inaugúrase en Vigo, e despois seguirá en A Coruña, Pontevedra e Lugo. Estará exposta ata o 26 de xullo.

Programa de concertos de bandas de música populares de Vigo

A Concellería de Cultura e Festas ven de asinar un novo convenio de colaboración coa federación de bandas de música populares de Vigo, para a organización do programa de concertos para este ano 2012; en total son nove agrupacións musicais que realizarán máis de 90 actuacións durante todo o ano, e distribuídas por todos os barrios da cidade.

A Escola Municipal de Danza celebra a súa festa de fin de curso

A Escola Municipal de Danza, xestionada pola Área de Cultura Festas e Museos e dirixida por Wenceslao Cabezas "Polo", celebrará a súa festa de fin de curso o martes 19 de xuño, ás 20,30 horas, na Praza do Rei; en total, máis de 140 alumnos da escola tomarán parte neste evento.

A escola naceu no ano 1979 e na actualidade ten máis de 300 alumnos/as entre os 4 e os 80 anos; 50 deles acuden a cursos de percusión. A escola ten cinco seccións nos barrios e participa nos actos culturais máis relevantes que se celebran na cidade ao longo de todo o ano.

Presentación de " La Diva" na Fundación Laxeiro

A viguesa Pilar Alonso (1972) remata a súa última serie en torno a La Diva coa edición dun artbook que ordena o relato sobre a depredadora de soños e confirma a importancia da narratividade na súa produción artística. Proxección do vídeo La Diva. O libro será presentado na Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo), o vindeiro martes, 19 de xuño ás 20.00h. Na presentación proxectaráse o vídeo do mesmo título, realizado por Oswaldo García e dirixido por Pilar Alonso e despois intervirá a propia artista e o crítico, comisario e historiador Carlos López Bernárdez, quen escribiu un texto para a devandita publicación.

Inauguración exposición de Nelson Villalobos

Hoxe xoves, día 14 de xuño, inaugurarase na Casa das Artes ás 20,00 horas a exposión "Obra sobre papel e instalacións" do artista Nelson Villalobos, e que estará aberta ao público ata o día 15 de xullo.

Presentación da 8ª edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'12

Hoxe martes 12 de xuño ás 11h o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira da Área de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron o programa da oitava edición do festival de jazz Imaxina Sons. Na rolda de prensa participou o compositor e músico Nani García, director artístico do festival. A cidade de Vigo continuará este ano sendo unha referencia para o jazz europeo coa celebración do festival que, organizado desde o concello, desenvolve a súa oitava edición do 21 ao 30 de xuño.

Vigo e o seu público gozarán da grande festa do jazz no verán. Imaxina Sons é un dos festivais de jazz máis prestixiosos da península e nesta oitava edición presenta unha aposta decidida, un ano máis, polo mellor jazz facturado en Europa, con especial atención á nosa contorna máis próxima. O programa, explicado polo miúdo no acto de presentación, inclúe grandes figuras do jazz continental que se mesturan cos novos valores que están a marcar os carreiros actuais nesta música; unha programación na que o jazz galego e portugués afianzan o seu espazo como fontes fundamentais para Imaxina Sons.

Nesta oitava edición, do 21 ao 30 de xuño, Imaxina Sons segue traballando para crear novas audiencias, servir de punto de encontro entre creadores, públicos e divulgadores, consolidarse como referencia de programación de calidade en Galicia e contribuír á dinamización da cidade. Os escenarios do festival localízanse en diferentes puntos estratéxicos do Vigo cultural: o Auditorio Municipal, o Conservatorio Superior de
Música, o MARCO ou a Praza da Constitución, incorporando nesta edición novos lugares para o jazz.

Máis info no dossier de prensa e na páxina “www.imaxinasons.com

Páxinas

Subscribirse a Noticias